IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG)
Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, 13–17 de xullo do 2009:
“Galiza nos Contextos Globais:
Perspectivas para o Século XXI”
Practicamente todos os eidos dos estudos galegos viviron nos últimos anos unha abertura cara a perspectivas transversais e interdisciplinarias, en estreita relación coa dinámica globalizadora da economía, da tecnoloxía, da política e da cultura. Chegou o momento de tentarmos facer un balance do estado dos estudos académicos internacionais sobre temáticas relacionadas con Galicia. Así, o noso primeiro obxectivo é presentar sobre todo aquelas perspectivas e investigacións que veñen sendo elaboradas por especialistas de fóra do país para polos en diálogo coas investigadoras e os investigadores que traballan en Galicia. O segundo obxectivo é crear unha serie de diálogos tematicamente transversais e interdisciplinarios. O IX Congreso desexa ofrecer unha panorámica dos estudos galegos no século XXI en xeral, como tamén dalgunhas das súas evolucións en contextos globais específicos.
A AIEG solicita propostas de paneis e de relatorios para o IX Congreso Internacional que terá lugar en Santiago de Compostela, cunha actividade en Vigo e A Coruña, do 13 ao 17 de xullo do 2009.
Os paneis serán conxuntos de 4 relatorios, propostos e organizados por un/ha coordinador/a específico/a sobre unha temática concreta (cf. infra). As propostas para os paneis deben ir acompañadas por unha breve descrición (400 palabras máximo) que estableza as liñas de reflexión xerais do conxunto de potenciais relatorios, un breve curriculum vitae e, se for posíbel, propostas de potenciais participantes.
O prazo de entrega para propostas de paneis é o 31 de maio do 2008.
As propostas para relatorios deben ter un máximo de 300 palabras e estar relacionadas con algún dos ámbitos temáticos específicos (cf. infra).
O prazo de entrega para propostas de relatorios é o 31 de decembro do 2008.
As linguas do congreso serán o galego, o inglés, o portugués e o castelán. A organización do congreso estaría moi agradecida se os resumos de paneis e relatorios viñesen acompañados dunha tradución ao inglés (ou ao galego se o texto orixinal for en lingua inglesa).
O tema do congreso é “Galiza nos Contextos Globais: Perspectivas para o Século XXI” e as liñas de estudo xerais serán:
· “Estudos Galegos nas Américas”,
· “Estudos Galegos no Contexto Europeo”,
· “Estudos Galegos no Contexto Ibérico”
· “Estudos Galegos no Contexto Global”.
Os ámbitos temáticos específicos, tanto para as propostas de paneis como para as propostas de relatorios, son os seguintes (aínda que poidan diverxer lixeiramente):
1) Dereito, Economía e Política;
2) Filosofía, Psico-pedagoxía e Socioloxía;
3) Arquitectura, Historia e Xeografía;
4) Artes plásticas, escénico-visuais e audiovisuais, Música, Historia da arte;
5) Antropoloxía, Etnografía, Estudos Culturais, Estudos de Tradución;
6) Ciencias da Comunicación, Lingua;
7) Ciencias, Tecnoloxías da información;
8) Literatura galega, Teoría e crítica da literatura, Literatura comparada.
Un comité científico composto por especialistas de todas as áreas de coñecemento implicadas avaliará as propostas de paneis e relatorios para asegurar un máximo de calidade. As respostas ás propostas de paneis enviaranse a partir do 31 de xullo de 2008, mentres que as respostas relativas ás propostas de relatorios serán enviadas a partir de mediados de febreiro do 2009.
Todas as contribucións aceptadas e presentadas no congreso serán colgadas posteriormente como actas da páxina web da AIEG. Unha selección das mellores contribucións, feita polo comité científico xunto coa organización do congreso, publicarase nun ou en varios libros independentes (editados por coordinadoras/es de paneis ou pola organización do congreso) ou na futura Revista Internacional de Estudos Galegos en www.estudosgalegos.org.
O congreso ofrecerá un amplo programa de actividades extraacadémicas: concertos, presentacións de libros, recepcións por institucións galegas. Convídase a todas as socias e a todos os socios a participar na elaboración deste programa.
Os prezos de inscrición serán 25€ para estudantes oíntes, 40€ para oíntes non estudantes (que desexan certificado de asistencia), 80€ para relatoras/es e 100€ para coordinadoras/es de paneis. Estas matrículas inclúen a cota de socia/socio da AIEG para o ano 2010 (e resto do 2009 en caso de que a/o participante aínda non fora socia/socio; xunto coa inscrición haberá que asinar unha solicitude de asociación).
Visiten a páxina web do congreso en www.estudosgalegos.org para obter máis informacións e actualizacións continuas.
IX Conference of the International Association of Galician Studies (AIEG)
Santiago de Compostela, Vigo and A Coruña – July, 2009
“Galicia in Global Contexts: Perspectives for the 21st Century”
In recent years virtually all areas of Galician Studies have undergone an expansion in their cross- and interdisciplinary perspectives, a phenomenon closely related with the globalising dynamic of economy, technology, politics and culture. It is now expedient for a re-addressing of international academic study to take place concerning issues relating to Galicia. Our first objective is therefore and principally to allow those outlooks and research trends currently being developed by specialists outside the country to interact with researchers working within Galicia. The second objective is to create a series of thematically cross- and interdisciplinary dialogues. This IX Conference therefore seeks to present a general panorama of Galician Studies in the twenty-first century, as well as some of its developments within specific global contexts.
The AIEG invites proposals for panels and papers for the 2009 International Association of Galician Studies to be held in Santiago de Compostela, Vigo and A Coruña (Galicia, Spain), 13th - 17th July 2009.
Panels are groups of 4 papers proposed and organised by a specific coordinator around a particular theme (interdisciplinary themes are welcome). Proposals should take the form of one or two paragraphs (max. 400 words) which establish the rationale for a panel, a succinct statement of the aims of the panel, a brief curriculum vitae, and a list of specific issues that intending contributors might address.
The deadline for panel proposals is 31 May 2008.
The deadline for paper proposals is 31 December 2008.
The official languages of the conference are Galician, English, Portuguese and Castilian. The AIEG would be grateful if translations into English (or into Galician should the original text be in English) could be provided for panel and paper proposals.
The theme of the conference is: “Galicia in Global Contexts: Perspectives for the 21st century”. This embraces such general topics as:
Galician Studies in the Americas
Galician Studies in the European Context
Galician Studies in the Iberian Context
Galician Studies in the Global Context
Specific thematic areas for panel proposals as well as for paper proposals include, but are not limited to, the following (inter- and cross-disciplinary themes are welcome):
1) Law, Economy and Politics
2) Anthropology, Educational Psychology and Sociology
3) Architecture, History and Geography
4) Visual and Dramatic Arts, Music, Art History
5) Cultural Studies, Literary and Translation Studies, Ethnography
6) Language, Linguistics and Media Studies
7) Media and Technology Studies
A selection committee consisting of specialists from these fields will assess all proposals in order to ensure the highest academic rigour and standards at and after conference. Confirmation of acceptance of panel proposals will be sent after 31 July 2008, and of paper proposals after mid-February 2009.
All contributions accepted by and delivered at the conference will be posted as proceedings on the AIEG website. A selection of the best contributions made by the selection committee and the AIEG executive body will be published in one or more independent volumes, to be edited by panel co-ordinators and/or by the conference organisers, or in the forthcoming Revista Internacional de Estudos Galegos at www.estudosgalegos.org.
A wide programme of additional activities will be available at conference, such as concerts, book presentations and receptions held by Galician institutions, and everybody is welcome to participate in these.
Registration fees will be 25€ for students, 40€ for non-students (who require an attendance certificate), 80€ for speakers and 100€ for panel co-ordinators. These costs include AIEG membership fees for 2010 (and for the remainder of 2009 should the participant still not be a member, in which case a membership form should be completed together with the relevant registration forms).
Please consult the regularly-updated conference website at www.estudosgalegos.org for more information.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário